A NOSA PROPOSTA

Dende TECENDO DEREITOS promovemos espazos formativos, de aprendizaxe colectiva e de facilitación do traballo en rede, tanto presenciais como virtuais, para sumarmos capacidades e fortalecérmonos como tecido asociativo na defensa dos dereitos das persoas que máis sofren as consecuencias das desigualdades e a discriminación en España.  

Impulsamos e facilitamos procesos de aprendizaxe entre organizacións da sociedade civil, promovendo o intercambio de coñecementos e saberes e o traballo en rede para aprendermos unhas das outras, tecendo alianzas, conexións e capacidades colectivas co fin de robustecermos o noso traballo arredor da defensa de dereitos. 

SOBRE QUE QUEREMOS APRENDER

Consonte o Informe de mapeo de retos y necesidades de las Organizaciones de la Sociedad Civil (OSC), elaborado no 2023, os temas que máis lles preocupan ás entidades están relacionados principalmente con asegurar a sustentabilidade da organización e mellorar as estratexias de acción para seren máis eficaces nos obxectivos de defensa e promoción de dereitos.


Co obxectivo de dar resposta a estas inquietudes e necesidades, propoñemos espazos formativos, de aprendizaxe mutua e de networking arredor de 5 rutas de aprendizaxe colectiva:

Sostémonos
Sostémonos

Xestión da organización e captación de fondos

Ter acceso ao financiamento e asegurar unha boa xestión dos recursos e da entidade é fundamental para garantir a súa sustentabilidade. Esta ruta de aprendizaxe aborda aspectos como o acceso a fontes de financiamento e a xestión técnica de proxectos e das organizacións.

PROPOÑÉMOSCHE PARTICIPAR NOS NOSOS EVENTOS E ACTIVIDADES

 Testemuños inspiradores dos participantes
Testemuños inspiradores dos participantes

Amais de aprender, as persoas que participan nas actividades de Tecendo dereitos atopan un espazo seguro onde compartir, conectar e entrelazar loitas tanto con outras persoas como con organizacións.

 

Queres saber a súa opinión? Dálle ao play!

ESPAZOS COLABORATIVOS DA WEB

BANCO DE RECURSOS

Queremos construír un banco de recursos e experiencias para compartirmos coñecementos e iniciativas inspiradoras entre organizacións da sociedade civil. Este banco é colaborativo, isto é, construímolo entre todas as organizacións que participamos en Tecendo dereitos.

CONSULTAR O BANCO DE RECURSOS

DIRECTORIO DE ORGANIZACIÓNS

Gustaríache coñecer que outras organizacións están participando en Tecendo dereitos? Poñemos á vosa disposición un directorio de entidades para facilitar a conexión entre o tecido asociativo que traballa pola defensa de dereitos fundamentais.

IR AO DIRECTORIO