UNHA INICIATIVA DE APOIO COLECTIVO ENTRE ORGANIZACIÓNS QUE DEFENDEN DEREITOS PARA UN FUTURO EN IGUALDADE
TECENDO DEREITOS é unha iniciativa de Oxfam Intermón para fortalecernos como sociedade civil organizada na defensa, a protección e a promoción dos dereitos humanos das persoas que máis sofren as consecuencias das desigualdades e a discriminación en España.
Con TECENDO DEREITOS fomentamos a aprendizaxe colectiva e o traballo en rede entre as organizacións do tecido asociativo español e financiamos actividades das entidades para a defensa de dereitos a través de tres convocatorias de financiamento (xa pechadas).
O proxecto Tejiendo Derechos rematou en xaneiro de 2026.
QUEN SOMOS?
En Oxfam Intermón traballamos en alianza con máis de 100 organizacións diversas do Estado español para acabar coas desigualdades e promover a defensa dos dereitos fundamentais. Formamos parte do tecido asociativo do noso país e apostamos por colaborar, actuar, aprender e xerar coñecemento con outras entidades. Como parte desta visión, poñemos en marcha TECENDO DEREITOS, que se desenvolverá ata 2025.
OS VALORES QUE NOS UNEN; OS DEREITOS QUE DEFENDEMOS
Queremos contribuír a facer realidade os dereitos e os valores da Unión Europea, como a dignidade humana, o respecto aos dereitos humanos, a liberdade, a solidariedade e a igualdade, incluída a igualdade de xénero, recoñecidos na Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea e nos tratados da UE.
E facémolo á beira das organizacións da sociedade civil española que promoven:

COMO PODES PARTICIPAR?
TECENDO DEREITOS é un espazo aberto ás organizacións que buscan sumar capacidades, conectar con outras e aprender xuntas. Rexístrate!
Se a túa organización:
É unha organización da sociedade civil sen ánimo de lucro, pequena ou mediana, non gobernamental e non partidista que traballa no ámbito rural ou urbano e está localizada en territorio español.
Comparte os valores de respecto á dignidade humana, liberdade, democracia, o Estado de dereito e os dereitos humanos (valores da Unión Europea).
Traballa na defensa, a protección e a promoción de axendas de dereitos prioritarios en TECENDO DEREITOS.
Está formada por ou traballa con colectivos especialmente afectados polas desigualdades e a discriminación, como mulleres, persoas migrantes, persoas LGTBIQ+, persoas con diversidade funcional, persoas mozas, minorías etc.
Participar nas actividades de aprendizaxe colectiva e networking
Apúntate ás vindeiras actividades de aprendizaxe colectiva e traballo en rede para aprender en conxunto e mellorar as capacidades da túa organización na promoción de dereitos.
Participar nos espazos colaborativos da páxina web
Únete ao directorio de entidades ou comparte recursos e experiencias da túa entidade para inspirar outras organizacións, sumando forza colectiva para a defensa de dereitos.
TECENDO DEREITOS EN CIFRAS
Desde Tecendo dereitos lanzamos tres convocatorias de financiamento de proxectos —unha no 2023 e dúas no 2024— e organizamos numerosas actividades, tanto virtuais como presenciais, de aprendizaxe colectiva, formación e traballo en rede.
Estes son algúns dos resultados que acadamos :
Organizacións participaron nas actividades de aprendizaxe colectiva, formación e networking (online e/ou offline)
Persoas participaron nas actividades de formación, aprendizaxe colectiva e/ou networking.
Proxectos de organización da sociedade civil financiados para a defensa e a promoción de dereitos.
Destinados a apoiar proxectos da sociedade civil.


QUE FACEMOS
Asociación Sembrar: entretejiendo saberes, aprendizajes y resistencias
La asociación Sembrar: Incidencia para la transformación social desarrolla el proyecto “Entretejiendo saberes, aprendizajes y resistencias entre mujeres migradas”, financiado por …
Madrid acogió el taller “Aprendiendo juntas sobre incidencia política”
Los días 26 y 28 de septiembre, la Escuela Julián Besteiro (Madrid) acogió el taller “Aprendiendo juntas sobre incidencia política”, un espacio de encuentro, aprendizaje e interca…
Sœurs: Migrar, quedarse, volver, resistir
Un proyecto comunicativo que recoge cuatro años de testimonios e imágenes sobre las mujeres que recorren la ruta migratoria de África Occidental hacia Europa. El proyecto es f…