TRES CONVOCATORIAS DE FINANCIAMENTO

Contribuímos a promover os dereitos das persoas que máis sofren as desigualdades sociais e a discriminación en España, apoiando o traballo das organizacións da sociedade civil activas na defensa dos dereitos.

Conscientes de que un dos principais retos do tecido asociativo español é o acceso ao financiamento, lanzamos tres convocatorias a través das que se están a impulsar actividades que contribúen a promover os dereitos humanos, a liberdade, a solidariedade, a igualdade, a xustiza, a dignidade humana e outros dereitos da Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea.

1ª CONVOCATORIA PECHADA

Setembro e outubro de 2023

2ª CONVOCATORIA PECHADA

Do 1 de marzo ao 30 de abril de 2024

3ª CONVOCATORIA PECHADA

Do 3 de maio ao 3 de xullo de 2024

A través das convocatorias de financiamento, apoiamos proxectos que contribúen á defensa, a promoción e a protección das 6 axendas de dereitos nas que pomos o foco en Tecendo dereitos: mobilidade humana, xustiza climática, coidados, xustiza de xénero e diversidade, emprego digno nun tecido produtivo xusto e protección social. 

Queres coñecer polo miúdo os proxectos que financiamos?

Accede co botón ás fichas dos proxectos. Podes filtrar a información por axenda de dereitos ou por convocatoria.  

Queres recibir novidades no teu móbil?

As convocatorias en cifras

CONVOCATORIA 1

Solicitudes recibidas: 207

Proxectos aprobados: 37

Contía total outorgada: 707.458€

Por axenda:

  • Axenda coidados : 183.061€
  • Axenda xustiza climática: 132.453€
  • Axenda mobilidade humana: 391.944€
  • Por fondo:

  • Fondo 1: 385.068€
  • Fondo 2: 170.490€
  • Fondo 3: 151.900€
  • Bases da convocatoria
    CONVOCATORIA 2

    Solicitudes recibidas: 157

    Proxectos aprobados: 30

    Contía total outorgada: 711.597€

    Por axenda:

  • Axenda emprego digno: 322.296€
  • Axenda Xustiza de xénero e diversidade: 225.162€
  • Axenda protección social: 164.139€
  • Por fondo:

  • Fondo 1: 250.769€
  • Fondo 2: 235.467€
  • Fondo 3: 225.361€
  • Bases da convocatoria
    CONVOCATORIA 3

    Solicitudes recibidas: 187

    A resolución da 3.ª convocatoria está prevista para novembro do 2024